bio

Jorge_Coira_03Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90.

A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Isaki Lacuesta, Víctor Duplá  e Mariano Barroso, ademais de participar na primeira edición do Berlinale Talent Campus.

No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran liquidación e O matachín, en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O ano da carracha.

A súa seguinte película, 18 comidas -estreada en España a finais de 2010-, leva recibidos numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas en máis de 10 países de todo o mundo.

En televisión, ademais do seu labor en publicidade e videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en proxectos para TVG como Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos EE.UU.); así como de ámbito nacional como El comisario, RISPelotas, ou Sé quién eres entre outras.

Outro dos terreos nos que máis traballou é o documental, onde destacan os documentais de creación Torre de Breoghán¿Qué culpa tiene el tomate? (estreado no MoMA en Nova York en 2009), ou  Días de reparto, ademais de traballos televisivos como Chunda Chunda.

En 2016, gañou o Goya á Mellor Montaxe polo seu traballo en El desconocido, de Dani de la Torre.