Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

Rapa

Serie TV / Thriller / 6 x 50′ / Movistar+

slider_rapaT1_01
slider_rapaT1_10
slider_rapaT1_09
slider_rapaT1_08
slider_rapaT1_11
slider_rapaT1_07
slider_rapaT1_06
slider_rapaT1_05
slider_rapaT1_04
slider_rapaT1_02
slider_rapaT1_03
previous arrow
next arrow

Amparo Seoane, a alcaldesa de Cedeira e a muller máis poderosa da zona, é asasinada. Investigar o crime converterase nunha obsesión para Maite, sarxenta da garda civil, e para Tomás, testemuña única do asasinato.

Para Maite, buscar ao asasino é unha obriga, é o seu traballo.

Para Tomás, que é profesor de literatura no instituto e que non tiña relación ningunha co alcaldesa (nin sabía quen era), é a oportunidade –se cadra a derradeira– de vivir unha historia como as que lle encanta ler, e se hai sorte poder convertelo despois nunha novela. Ambos abrirán unha investigación que afectará a toda a vila.

Todos eles, dun xeito ou doutro, estaban relacionados con Amparo.

Todo o mundo tiña algo que gañar ou perder coa súa morte.


    • TRAILER

    • Ver Video

    • Teaser

    • Ver Video


Despois de facer dúas tempadas de Hierro, tiñamos ganas de cambiar, de explorar novos espazos, novos personaxes, novos conflitos. E que mellor que volver á casa e contar unha historia dende aquí? En Galicia rodouse bastante ficción nos últimos tempos, pero aínda quedan moitos lugares por descubrir e un ao que lle tiñamos moitas ganas é a zona do noroeste chamada Ferrolterra. Unha superficie ocupada por unha cidade chea de contrastes como Ferrol e a súa espectacular contorna: as rías, os bosques, os montes, as vilas… e concretamente, a vila de Cedeira coa súa monumental Serra da Capelada, onde os cabalos seguen vagando salvaxes a carón dos cantís máis altos da Europa continental.

É neste entorno onde decidimos desenvolver esta nova historia de misterio, de crimes que golpean a unha comunidade, de segredos por desvelar.

O thriller dános a oportunidade de explorar o lado escuro dos seres humanos, os impulsos que nos poden levar a cometer actos horribles. Fainos preguntas sobre nosa propia natureza e sobre as consecuencias da violencia. E ofrécenos unha marabillosa lupa para mirarnos coma sociedade e para facer un retrato do que que somos. Aquí e agora.

Para xerar ese retrato, volvemos reunirnos co mesmo equipo de Hierro, non só co equipo creativo, senón coa práctica totalidade do equipo técnico. E rodeámonos dun reparto encabezado por Javier Cámara -un tipo xenial e cun talento absolutamente extraordinario-, de Mónica López -con quen xa traballaramos en Hierro e que aporta aos seus personaxes unha mestura única de humanidade, forza e vulnerabilidade-, e completado cunha gran cantidade de actrices e actores estupendos que deron vida aos personaxes e fixeron desta viaxe un verdadeiro disfrute.

    • MAKING OF / Guión y dirección

    • Ver Video

    • MAKING OF / Los personajes

    • Ver Video

    • MAKING OF / El entorno

    • Ver Video

    • MAKING OF / La Rapa das Bestas

    • Ver Video

    • MAKING OF / Los Besteiros

    • Ver Video


Ano: 2022 / 6 episodios de 50 min.

Movistar+

Portocabo

Dirección: Jorge Coira, Elena Trapé

Guión: Pepe Coira, Fran Araujo

Prod. executiva: Alfonso Blanco, Domingo Corral, Susana Herreras

Reparto: Javier Cámara, Mónica López, Lucía Veiga, Eva Fernández, Jorge Bosch, Berta Ojea, Ricardo de Barreiro, Toni Salgado, Santi Prego, Iria Sobrado, Tito Asorey, Adrián Ríos, Paula Morado


inicio

  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.