Mofa & Befa en “Gran Liquidación”

Curtametraxe / Comedia – Slapstick

Este foi o primeiro traballo eu rodei en película de 16 mm. e a primeira vez que gañei un premio. Neste caso, o premio consistía en producir a película. E lembro o nervioso que me puña a idea de que a película corría no interior da cámara mentres o produtor me dicía cantos metros levabamos consumidos.
Ademais, tivemos varias ideas moi tolas -para a pouca experiencia que tiñamos- como a de tirar un piano desde o alto dun edificio, pechar rúas no centro mesmo da cidade para rodar un atropelo, ou disparar rifles desde o mar subidos nun barco pequeno e que no paraba de moverse… e todo isto mentres o personaxe interpretado por Luis Tosar intentaba que os dous asasinos torpes, interpretados por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, matasen o seu pai.
Foi outra vez unha homenaxe a esas comedias de slapstick que tanto nos gustaban a Luis e a min, e unha boa oportunidade de seguir aprendendo como contar historias da forma en que o adoitaban facer hai cen anos.

Ano: 1995 / Dur.: 17 min.

Prod.: Escola de Imaxe e Son de A Coruña

Dirección: Jorge Coira

Guión: Jorge Coira, Luis Tosar

Dirección de fotografía: Paco Cuesta

Reparto: Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Luis Tosar, Xan Cejudo, María Bouzas, María Pujalte, Xepe Casanova, Roger Colom, Antonio Pereira, Mario Roldán

SINOPSE:

Dous ineptos asasinos a soldo son contratados polo fillo dun adiñeirado ancián para que acaben coa vida de seu pai.

    • Mofa & Befa en Gran Liquidación (extracto)

    • Ver Video

back