Que culpa ten o tomate?

Documental

Que culpa ten o tomate? foi o meu primeiro traballo coa produtora Fernanda del Nido. Ela faloume deste proxecto demencial no que planeaba ter sete directores e sete produtoras de sete países diferentes; e cada un de nós debía facer unha curtametraxe documental sobre un mercado popular, de forma que a unión desas obras dese lugar a unha longametraxe documental. Obviamente, encantoume a idea.
Decidín rodar a miña parte na Praza de Abastos de Santiago de Compostela, porque ese é a cidade onde vivo e porque se trata dun dos mercados máis fermosos que vin nunca.
Alí coñecín a moitas persoas que loitan día a día por gañar a vida; xente como Bermúdez (sempre pensando novas formas de conectar cos seus clientes) ou Esteban, o carniceiro: un dos homes máis sensatos que eu levo coñecido e que, anos máis tarde, fixo un pequeno papel na miña película 18 comidas.
O proceso foi longo e difícil (sabiamos que o había ser), pero tuvo un gran final o día en que foi elixido para facer a súa estrea mundial no MoMA, en Nova York. Toda unha experiencia.
SINOPSE:

Sete países. Sete mercados populares. Sete culturas diferentes. Sete directores. Sete miradas distintas. “Que culpa ten o tomate” é unha longametraxe documental
observacional na que participan sete directores iberoamericanos que, a través dos seus mercados populares, nos envolven nas súas diferentes culturas e formas de vida.

 

Ano: 2009 / Dur: 107 min.

Guión e dirección: Jorge Coira (España), Alejo Hoijman (Argentina) , Josué Méndez (Perú), Marcos Loayza (Bolivia), Paola Vieira (Brasil), Carolina Navas (Colombia), y Alejandra Szeplaki (Venezuela)

Prod.: Tic Tac Producciones (España), Lagarto Cine (Argentina), Chullachaki Producciones (Perú), Pucara Films / Alma Films (Bolivia), TVzero (Brasil), Pato Feo Films (Colombia), Cooperativa Estrella Films (Venezuela)

 

back