Torre de Breoghán. A luz dos milésians

Documental

Sempre me gustou a música de Luar na Lubre. É potente, sensible, luminosa, viva… E ter a oportunidade de acompañalos durante o proceso de creación dun proxecto como o de Torre de Breoghàn, foi para min todo un agasallo. Retratar ese proceso converteuse axiña nunha experiencia de busca e de descubrimentos: desde as emocións que os moven cando están sobre o escenario, ata elementos troncais do concerto como é o Leabhar Gabhála, ese libro fundamental no que as raíces de Galicia e Irlanda se conectan e se enlazan para sempre.
Foi un camiño cheo de preguntas que tiñan como obxectivo final o de retratar a súa música: Como se ve esa música? Como se imaxina? Como se pode rodar?… Foi, en definitiva, unha mirada íntima ao seu mundo e, sobre todo, aos sons que lle dan vida.

 

Ano: 2015 / Dur.: 65 min.

Guión e dirección: Jorge Coira

Prod.:  Luar na Lubre, Mirmidón Prod., Abano Prod.

Dirección de fotografía: Jairo Iglesias

Documental de creación que recolle o proceso de xestación do espectáculo Torre de Breoghán, o proxecto máis ambicioso de Luar na Lubre. O grupo folk rescata un relato épico da cultura celta sobre as invasións galegas en Irlanda para, da man da Orquestra Sinfónica de Galicia, dar forma a un espectáculo onde a música e os efectos visuais se funden nunha especial alquimia.

back