O descoñecido (unha película de Dani de la Torre)

Longametraxe / Thriller de acción

Coñezo a Dani de la Torre desde hai case vinte anos e, xa nas primeiras curtas, facíase evidente que é un director dun talento enorme. Por iso, ter o privilexio de acompañalo nesta viaxe, foi unha gozada absoluta e, sen dúbida, unha oportunidade única para xogar cun tipo de película pouco habitual no noso cine.
E ademais, foi un traballo que trouxo un aluvión de alegrías; comezando polo seu paso polos festivais de Venecia e San Sebastián (a proxección no velódromo foi emocionante), seguindo pola gran reacción do público nas salas, e rematando cunha serie de premios como as Medallas CEC e os Premios Goya (entre outros), que supuxeron o peche perfecto a unhas das colaboracións máis gozosas da miña vida.
SINOPSE:

Carlos, executivo de banca, comeza o seu día levando os fillos ao colexio, algo excepcional do que adoita encargarse habitualmente a súa muller. Cando arrinca o seu coche, recibe a chamada dun descoñecido para Carlos, pero que o sabe todo sobre el. Esta persoa anúncialle que ten unha bomba baixo o seu asento e comunícalle que ten apenas unhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro. Se non o consegue, o seu coche voará polo aire.

 

 

Ano: 2015 / Dur.: 95 min. / Prod.: Vaca Films, Atresmedia Cine, La Ferme Productions

Dirección: Dani de la Torre

Guión: Alberto Marini

Montaxe: Jorge Coira

Producida por Emma Lustres, Mercedes Gamero, Borja Pena

Dirección de fotografía: Josu Intxaustegui

Reparto: Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Elvira Mínguez, Goya Toledo, Fernando Cayo

Ligazóns:

Dispoñible en:

 

back