El Comisario

Thriller policial

El comisario foi unha das primeiras series que rodei en Madrid e un dos traballos nos que máis aprendín. Eu entrei cando a serie xa se convertera nun clásico da televisión en España.
Tras dez anos en emisión, chamáronnos a un grupo amplo de directores (xente como Jorge Torregrossa, Eva Lesmes, David Carreras , Koldo Serra ou eu mesmo) para facernos cargo dos novos capítulos. E para a miña sorpresa, o equipo non só non estaba canso ou acomodado, senón que xeraran un ambiente aberto, divertido e no que técnicos e actores traballan cunha complicidade total. Foi unha honra formar parte dun clásico da televisión.
SINOPSE:

San Fernando é unha comisaría de policía dun barrio de Madrid, onde o comisario Gerardo Castilla e os oficiais que ten ao seu cargo deben enfrontarse a todo tipo de casos. O rigor das investigacións policiais mestúrase coa vertente humana coa que os axentes afrontan o seu traballo.

 

Ano: 2009 / Dur: 60 min. / Emisión semanal / Prod.: Boca a Boca Prod, Estudios Picasso, Telecinco

Prod. executiva: César Benítez, Emilio A. Pina

Dirección: José Ramos Paíno, Alfonso Arandia, Ignacio Mercero, Mateo Meléndrez, Jesús Font, Javier Quintas, David Carreras, Norberto López Amado, Jesús Mora, Jorge Coira, Javier Mora, Eva Lesmes, Koldo Serra, Jorge Torregrossa

Guión: Carlos Asorey, Joan Barbero, Verónica Fernández, Aitor Gabilondo, Ignacio del Moral, Nacho Faerna, David Planell

Reparto: Tito Valverde, Juanjo Artero, Marcial Álvarez, Jaime Pujol, Fernando Andina, Ruth Gabriel, Elena Irureta, Diana Peñalver, Patxi Freytez, Iris Díaz, Rocío Muñoz, Eva Martín, José Luis Torrijo, Cristina Castaño, Cristina Perales, Marc Clotet, Txema Blasco, Richard Collins-Moore, Eric Francés, Daniel Holguín, Chani Martín

 

Ligazóns:

Capítulo 185

Capítulo 186
back