Entre bateas

TV movie / Drama

Eu era moi novo cando fixen Entre Bateas. E non foi fácil enfrontarme, por primeira vez, a cuestións como o manexo do ritmo a través dunha historia longa (algo completamente diferente ao das curtas ou das series nas que estaba aprendendo a traballar), pero a boa recepción por parte do público e da crítica compensaron todos os esforzos.
Ademais, esta foi a primeira vez en que tiven a oportunidade de traballar con algunhas das persoas de máis talento con quen levo coincidido, como os guionistas Ramón Campos e Carlos Portela, ou a produtora Emma Lustres, que comezaba neste momento a súa carreira.
SINOPSE:

O filme narra o conflito que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras, e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas.

 

Ano: 2002 / Dur.: 81 min. / Prod.: Costa Oeste para F.O.R.T.A.

Dirección: Jorge Coira

Guión: Ramón Campos, Carlos Portela

Reparto: Miguel de Lira, Pepo Suevos, Xosé M. Olveira “Pico”, Luisa Merelas, Nekane Fernández, Julián Rodríguez, Álvaro Caneda, Tamara Canosa

 

back