Luci

Comedia

Luci é un deses proxectos -aparentemente pequenos- nos que eu gozo de verdade. Digo o de aparentemente porque, aínda que o orzamento é reducido, a calidade dos actores é enorme, igual que as ganas de facer unha comedia diferente; unha comedia sobre eses pequenos desastres cotiáns aos que nos temos que enfrontar no día a día.
O traballo cos actores -tanto cos protagonistas, como con toda a recua de actores convidados que tivemos na serie- foi unha desas experiencias nas que se recupera ese espírito fundamental de xogo, de pasalo ben na rodaxe esperando que iso se transmita á pantalla.
SINOPSE:

Luci é unha muller normal, ten 37 anos, un posto de traballo nunha das brigadas de mantemento de parques e xardíns da cidade, un piso coa hipoteca a medio pagar, un fillo, un ex-marido e unha irmá coa que fala por teléfono todas as noites. Os problemas ós que ten que enfrontarse Luci tamén son os normais: as malas notas do fillo, a chegada dun novo xefe ó traballo, as dificultades para ligar cando xa se perdeu o costume, ou as enleadas varias nas que a segue metendo o seu ex. E sempre intenta manter o sorriso… ata que se impón o xenio. Porque Luci sabe que nin ela nin a vida son perfectas. E menos mal, porque de selo, o mundo sería un lugar moi aburrido.

 

Ano: 2013 – 2015 / Dur: 26 min. / Emisión semanal

Creada por Pepe Coira, Araceli Gonda, Jorge Coira, Alfonso Blanco

Dirixida por Jorge Coira, Toño López

Prod.: Portocabo Prod., TVG

Reparto: Nuncy Valcarcel, Eva Fernández, Darío Loureiro, Victor Mosqueira, Santi Prego, Déborah Vukusic, María Costas, Ricardo de Barreiro, Antonio Durán Morris, Enrique Lojo, David Perdomo, Elena Seijo, Xosé Barato, Oswaldo Digón, Camila Bossa, Belén López Valcarcel, Pedro Brandariz

EPISODIOS:

Entrevistas:

Equipo
Actores:

 

back