Padre Casares

Comedia

Padre Casares foi unha das series de máis éxito da historia da Televisión de Galicia. Un éxito moito maior do que podiamos esperar ningún dos que estivemos involucrados na súa creación.
E sen dúbida ese éxito foi froito do talento dos guionistas, encabezados por Ramón Campos como creador e Carlos Portela como editor de guións, e dun reparto de actores e actrices en estado de gracia.
Ese reparto (coral, heteroxéneo e diverso pero brutalmente cohesionado) foi a mellor compañía posible naquela aventura que supuxo darlle vida á vila de Louredo e aos seus demenciais habitantes. E grazas a eles recordarei para sempre momentos máxicos como o salto do porco do primeiro episodio, ou o funeral do episodio oito no que as beatas cantan A Internacional para espanto do vello cura (intolerante e sempre malhumorado) e alegría do alcalde (comunista e un chisco cabrón).
Foi ben divertido.
SINOPSE:

O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa galega, a substituír o vello padre Crisanto, que leva toda a vida alí e que se resiste a xubilarse. Pouco a pouco, neste lugar á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento, Horacio terá que aprender a entenderse co cura vello, cun alcalde ateo e comunista, e cun rabaño de fregueses do máis peculiar.

 

 

Ano: 2008 – 2015 / Dur: 65 min. / Emisión semanal

Creada por Ramón Campos, Gema R. Neira, Eligio Montero e Carlos Portela

Dirixida por Jorge Coira, Manuel Espiñeira, Carlos Sedes, Álex Sampayo

Prod.: Voz Audiovisual, TVG

 

Reparto: Pedro Alonso, Antonio Durán “Morris”, María Vázquez, Mercedes Castro, Tuto Vázquez, Tacho González, Patricia Vázquez, Ana Santos, Fina Calleja, Avelino González, Eva Fernández, Federico Pérez, Beatriz Bravo, Alejandro Carro, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Víctor Mosqueira, Carolina Vázquez, Covadonga Berdiñas, Xavier Estévez, Gonzalo Rei Chao, Xaquín Domínguez, Xúlio Abonjo

 

back