Piratas

Comedia-Drama / Aventuras

Piratas é unha serie de aventuras con todos os elementos clásicos do xénero: un protagonista mentireiro e mullereiro, piratas perigosos dispostos a todo por diñeiro, nobres desapiadados e insensibles, damas de corazón puro, damas de corazón ardente, soldados cun alto sentido do deber, pícaros, putas, ladróns…
A rodaxe -que tivo lugar por toda a costa de Galicia, en localizacións realmente espectaculares-, tivo de todo. Momentos duros e momentos ben divertidos; polo traballo cos actores e o equipo e, sobre todo, por rodar escenas como unha abordaxe pirata entre outras moitas loucuras.

 

SINOPSE:

Álvaro Mondego é un mentirán, membro da nobreza que tivo momentos mellores, e un home cunha paixón desmedida polas mulleres. Por unha débeda de diñeiro -e honra-, é enrolado á forza nunha misión para a Coroa: deberá infiltrarse na tripulación pirata do capitán Bocanegra para acabar con eles. Pero a posibilidade de atopar o tesouro agochado de Yáñez de Oliveira é unha tentación demasiado forte para alguén como Mondego.

 

Ano: 2011 / 8 x 90 min. / Emisión semanal

Creada por Carlos Portela

Dirección: Jorge Coira, Jorge Saavedra

Prod.: Mandarina Prod, Telecinco

 

Reparto: Óscar Jaenada, Aitor Mazo, Axel Fernández, Pilar Rubio, Silvia Abascal, Miguel Ortiz, Luis Iglesia, Octavi Pujades, Xenia Tostado, Luis Zahera

back