R.I.S.

Thriller

R.I.S. foi a primeira serie de emisión nacional na que participei. Jesús Font, un dos directores máis experimentados na televisión española, foi quen me chamou e, para min, supuxo unha gran experiencia compartir o traballo con grandes directores como Salvador Calvo, David Carreras ou Javier Quintas, entre outros.
A serie era un thriller procedimental con dous casos por episodio. E a rodaxe foi unha experiencia intensa, con bastantes escenas de acción e un traballo forte de postproducción, xa que os flasbacks tiñan un papel moi importante á hora de contar as historias.
SINOPSE:

Ana Galeano, unha policía moi nova, incorpórase á brigada R.I.S., un grupo especial da policía científica especializado na análise da escena do crime. O caso máis importante ao que se teñen que enfrontar é o dun asasino que está a colocar bombas pola cidade co obxectivo de acabar coa vida de criminais que conseguiron eludir a súa condena.

 

 

Ano: 2007 / Dur: 50 min. / Emisión semanalProd.: Videomedia, Telecinco

Prod. executiva: Mireia Acosta, Jesús Font, Carmen Agraz

Dirección: Salvador Calvo, Jorge Coira, David Carreras, Javier Quintas, Pau Freixas, José Luis García Berlanga

Reparto: José Coronado, Irene Montalá, Pedro Casablanc, Ismael Martínez, Carlos Leal, Belén López, Juan Fernández, Julio Vélez, Elena de Frutos, Menh-Wai Trinh

back