Sé quién eres

Sé quién eres

Thriller

Sé quién eres é, na miña opinión, unha das series máis interesantes de cantas se levan feito en España. Un thriller intenso e dunha gran factura que, para min, supuxo a oportunidade de volver rodar en Barcelona (cidade onde tanto disfrutara durante a rodaxe de “Pelotas”), de coñecer a tres grandes compañeiros directores como son Pau Freixas, Silvia Quer e Joaquín Llamas, e de traballar cun equipo técnico e un reparto implicadísimos en facer unha gran serie.
SINOPSE:

Juan Elías é un prestixioso avogado que está casado coa xuíza Alicia Castro e é pai de dous fillos. Unha mañá, aparece camiñando por unha estrada solitaria e con varias feridas produto dun accidente. Elías non sabe quen é nin como chegou ata alí, sofre amnesia. Aos poucos días, a policía atopa o seu coche e alí descobren o seu teléfono móbil xunto con restos de sangue doutra persoa. Non ía so nese coche, acompañábao a súa sobriña de 22 anos. Todas as sospeitas recaen sobre Elías, que deberá demostrar que é inocente, aínda que nin el mesmo coñece a verdade.

Ano: 2017 / Dur: 70 min. / Emisión semanal

Creada por Pau Freixas

Dirixida por Pau Freixas, Silvia Quer, Jorge Coira, Joaquín Llamas

Guión: Pau Freixas, Iván Mercadé, Pol Cortacans, Eduard Sola, Dani González

Prod.: Arca (Filmax)

Reparto: Francesc Garrido, Blanca Portillo, Aida Folch, Nancho Novo, Antonio Dechent, Pepón Nieto, Carles Francino, Martiño Rivas, Eva Santolaria, Àlex Monner, Susana Abaitua, Blanca Apilánez, Nausicaa Bonnin, Álvaro de Luna, Macarena Gómez, Petra Martínez
back