Terra de Miranda

Dramedia

A miña primeira serie. Eu estivera un tempo en Mareas Vivas, pero esta era a primeira vez en que me enfrontaba á tarefa de arrancar unha serie nova.  Por sorte, estaba ben acompañado por todo o equipo técnico e, especialmente, por un reparto encabezado pola grandísima María Bouzas; unha das miñas actrices favoritas desde os primeiros tempos das curtametraxes.
SINOPSE:

Carmela é unha muller separada que, acompañada dos seus dous fillos adolescentes, decide deixar a cidade para volver a Miranda, o seu pobo natal, situado na Galicia interior. Alí, Carmela retoma a súa profesión de veterinaria, que abandonara ao casar, para ocupar a vacante que deixa o seu tío Alfonso cando se xubila.

 

Ano: 2001 – 2007 / Dur: 60 min. / Emisión semanal / Prod.: Voz Audiovisual, TVG

Creada por Xosé Castro Puga, Carlos Ares, Andrés Mahía

Dirección: Jorge Coira, Chema Gagino, Carlos Sedes, José Jamardo, Álex Sampayo

Reparto: María Bouzas, Xosé Luis Bernal ‘Farruco’, Celso Bugallo, Alfonso Agra, Carlos Blanco, Patricia de Lorenzo, Luisa Merelas, Pepo Suevos, César Cambeiro, Mela Casal, Gloria Ferreiro, Carlos Couso, Elena Seijo, Isabel Naveira, Gonzalo Rey, Domingo Rey

 

back