Biografía
Jorge Coira
Director, guionista e montador
Nacido en Rábade (Lugo) en 1971
Actividade profesional · desde finais dos 90
Traballo máis recente · Rapa T3 (2025)
Actividade profesional · desde finais dos 90
Traballo máis recente · Rapa T3 (2025)

En poucas palabras
Jorge Coira (Rábade, Lugo) comezou a súa carreira profesional a finais dos 90 e desde entón dirixiu longametraxes, documentais de creación e series para televisión, ademais de asinar a montaxe de obras propias e doutros compañeiros directores.
A súa segunda longametraxe, 18 comidas, percorreu máis de 30 festivais internacionais; Hierro recibiu algúns dos premios máis importantes da televisión española e en 2016 gañou o Goya a Mellor Montaxe por El desconocido.
A súa segunda longametraxe, 18 comidas, percorreu máis de 30 festivais internacionais; Hierro recibiu algúns dos premios máis importantes da televisión española e en 2016 gañou o Goya a Mellor Montaxe por El desconocido.
Un percorrido cronolóxico
Traxectoria
Anos 90
As curtametraxes
Despois duns primeiros pasos como director coa curtametraxe rodada en vídeo As Xoias da Señora Bianconero, a mediados dos 90, roda as súas primeiras longametraxes en 35 mm. como Mofa e Befa en Gran liquidación, O matachín e A ti como se che di adeus?
1998
As primeiras series
A partir da estrea de Mareas Vivas, xorde en Galicia un boom de series para TVG que lle permite dirixir, durante os seguintes anos, obras como Chunda-Chunda, Terra de Miranda, Vida nas Mareas, As leis de Celavella, Padre Casares ou Luci.
Máis adiante, comezará a dirixir tamén episodios de series para Telecinco e TVE como El comisario, R.I.S. Científica, Pelotas ou Sé quién eres, entre outras.
Máis adiante, comezará a dirixir tamén episodios de series para Telecinco e TVE como El comisario, R.I.S. Científica, Pelotas ou Sé quién eres, entre outras.
2002 / 2004
As primeiras longametraxes
En 2002 estrea a TV-movie Entre Bateas -sobre o mundo do narcotráfico- e en 2004 a súa primeira película estreada en salas, a comedia xuvenil O ano da carracha.
2009 en diante
Documentais de creación
Que culpa ten o tomate? estréase no MoMA de Nova York en 2009. Síguenlle Torre de Breoghán e Días de reparto.
2010
18 comidas
A súa película máis persoal. Estreada en España a finais de 2010, recibe numerosos premios, é seleccionada en máis de 30 festivais internacionais e estréase en salas de máis de 10 países.
2016
Goya a Mellor Montaxe
Gaña o Goya a Mellor Montaxe por El desconocido, de Dani de la Torre.
2019 – actualidade
Series de plataforma
Dirixe as series Hierro e Rapa, premiadas con varios dos galardóns máis importantes da televisión en España.
2019 – 2023
Tres longametraxes en catro anos
Eroski Paraíso (2019), Código Emperador (2022, dispoñible en Netflix) e Me he hecho viral (2023, producida por Warner Bros., Atresmedia Cine e Bowfinger International Pictures).
Catro formas de contar
Longametraxes // series // documentais // montaxe
Longametraxes
O ano da carracha · 18 comidas · Eroski Paraíso · Código Emperador · Me he hecho viral
Documental
Que culpa ten o tomate? · Torre de Breoghán · Días de reparto
Series
Rapa · Hierro · Padre Casares · Terra de Miranda…
Montaxe
El desconocido · La sombra de la ley · El menor de los males
Traballos
Unha selección das súas obras máis representativas.

Rapa
Serie · 2022

18 comidas
Longametraxe · 2010

Código Emperador
Longametraxe · 2022
En cifras
+25
Anos de carreira
5
Longametraxes
3
Documentais
+10
Series
4
Curtametraxes