Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

Pelotas

Serie TV / Comedia

slider_pelotas_1500x500_04
slider_pelotas_1500x500_08
slider_pelotas_1500x500_07
slider_pelotas_1500x500_06
slider_pelotas_1500x500_05
slider_pelotas_1500x500_03
slider_pelotas_1500x500_02
slider_pelotas_1500x500_01
previous arrow
next arrow

Pelotas foi unha das mellores experiencias que vivín en televisión.

Corbacho e Cruz, aos que eu admiraba dende que vira Tapas, chamáronme para dirixir con eles a primeira tempada, pero non puiden ir, xa que estaba a piques de rodar 18 comidas. Cando máis tarde se atrasou a rodaxe da miña película, pensei que perdera unha oportunidade única de aprender traballando xunto a uns grandes como eles.

Por iso, cando case un ano máis tarde me chamaron de novo para ir á segunda tempada, non o dubidei un segundo e puiden darme o gustazo de entrar no seu mundo, contar esas historias cálidas e humanas, e gozar xunto a un equipo e un reparto espectaculares.


SINOPSE:

Comedia que narra a vida cotiá, chea de vitorias e derrotas -sobre todo derrotas- dun grupo de amigos que se encontra os domingos pola mañá para ver a “La Unión”, un equipo de fútbol de Segunda Rexional fundado hai 50 anos .


TVE HD - Promoción Pelotas
TVE HD - Promoción Pelotas
Pelotas. Una serie de Corbacho y Cruz.
Pelotas. Una serie de Corbacho y Cruz.

Ano: 2010 / Dur: 60 min. / TVE

Prod.: El Terrat, TVE

Creada por José Corbacho, Juan Cruz

Dirección: José Corbacho, Juan Cruz, Jorge Coira, Oriol Ferrer

Reparto: Ángel de Andrés, Javier Albalá, Blanca Apilánez, Celia Freijeiro, Belén López, María Botto, Alberto Jo Lee, Pablo Vega, Sara Loscos, Francisco Merino, David Fernandez, Arturo Valls, Alberto Amarilla, Ana Rayo, Carlota Urdiales, Alberto Sanjuán


Capítulo 16

Capítulo 17

Capítulo 18

Capítulo 19

inicio
  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.