Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

Padre Casares

Serie TV / Comedia

slider_padre_casares_1500x500_08
slider_padre_casares_1500x500_02
slider_padre_casares_1500x500_07
slider_padre_casares_1500x500_14
slider_padre_casares_1500x500_13
slider_padre_casares_1500x500_04
slider_padre_casares_1500x500_03
slider_padre_casares_1500x500_15
slider_padre_casares_1500x500_11
slider_padre_casares_1500x500_12
slider_padre_casares_1500x500_10
slider_padre_casares_1500x500_09
slider_padre_casares_1500x500_06
slider_padre_casares_1500x500_05
slider_padre_casares_1500x500_01
previous arrow
next arrow

Padre Casares foi unha das series de máis éxito da historia da Televisión de Galicia. Un éxito moito maior do que podiamos esperar ningún dos que estivemos involucrados na súa creación.

E sen dúbida ese éxito foi froito do talento dos guionistas, encabezados por Ramón Campos como creador e Carlos Portela como editor de guións, e dun reparto de actores e actrices en estado de gracia.

Ese reparto (coral, heteroxéneo e diverso pero brutalmente cohesionado) foi a mellor compañía posible naquela aventura que supuxo darlle vida á vila de Louredo e aos seus demenciais habitantes. E grazas a eles recordarei para sempre momentos máxicos como o salto do porco do primeiro episodio, ou o funeral do episodio oito no que as beatas cantan A Internacional para espanto do vello cura (intolerante e sempre malhumorado) e alegría do alcalde (comunista e un chisco cabrón).

Foi ben divertido.


SINOPSE:

O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa galega, a substituír o vello padre Crisanto, que leva toda a vida alí e que se resiste a xubilarse. Pouco a pouco, neste lugar á vez tan próximo e tan afastado do que el era ata ese momento, Horacio terá que aprender a entenderse co cura vello, cun alcalde ateo e comunista, e cun rabaño de fregueses do máis peculiar.


Padre Casares Ep. 1 [extracto]
Padre Casares Ep. 8 [extracto]

Ano: 2008 – 2015 / Dur: 65 min. / TVG

Creada por Ramón Campos, Gema R. Neira, Eligio Montero e Carlos Portela

Dirixida por Jorge Coira, Carlos Sedes, Manuel Espiñeira, Álex Sampayo

Prod.: Voz Audiovisual, TVG

Reparto: Pedro Alonso, Antonio Durán “Morris”, María Vázquez, Mercedes Castro, Tuto Vázquez, Tacho González, Patricia Vázquez, Ana Santos, Fina Calleja, Avelino González, Eva Fernández, Federico Pérez, Beatriz Bravo, Alejandro Carro, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Víctor Mosqueira, Carolina Vázquez, Covadonga Berdiñas, Xavier Estévez, Gonzalo Rei Chao, Xaquín Domínguez, Xúlio Abonjo


inicio
  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.