Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

Rapa

Serie TV / Thriller / Movistar+

slider_rapaT1_01
slider_rapaT1_10
slider_rapaT1_09
slider_rapaT1_08
slider_rapaT1_11
slider_rapaT1_07
slider_rapaT1_06
slider_rapaT1_05
slider_rapaT1_04
slider_rapaT1_02
slider_rapaT1_03
previous arrow
next arrow

Tomás, un profesor de instituto excéntrico e rosmón, é a única testemuña do asasinato de Amparo Seoane, a poderosa e controvertida alcaldesa de Cedeira. Nun momento crítico da súa vida -tralo diagnóstico de ELA que vén de recibir-, Tomás obsesiónase coa investigación e atopa nela unha oportunidade –posiblemente a derradeira– de vivir historias como as que lle apaixona ler e, en definitiva, unha razón para vivir.

Ao longo das tres tempadas das que consta a serie, contará con aliados que se converterán na súa segunda familia: Maite, a sarxento da Garda Civil encargada do caso, coa que establece unha peculiarísima relación de amor/odio; e máis adiante, Tacho, un delincuente xuvenil que, grazas a Tomás e Maite, vivirá unha experiencia que o recolocará na vida.


    • TRAILER

    • Ver Video

    • Teaser

    • Ver Video


Despois de facer dúas tempadas de Hierro, tiñamos ganas de cambiar, de explorar novos espazos, novos personaxes, novos conflitos. E que mellor que volver á casa e contar unha historia dende aquí? En Galicia rodouse bastante ficción nos últimos tempos, pero aínda quedan moitos lugares por descubrir e un ao que lle tiñamos moitas ganas é a zona do noroeste chamada Ferrolterra. Unha superficie ocupada por unha cidade chea de contrastes como Ferrol e a súa espectacular contorna: as rías, os bosques, os montes… e vilas como a de Cedeira, coa súa monumental Serra da Capelada, onde os cabalos seguen vagando salvaxes a carón dos cantís máis altos da Europa continental.

É neste entorno onde decidimos desenvolver esta nova historia de misterio, de crimes que golpean a unha comunidade, de segredos por desvelar.

O thriller dános a oportunidade de explorar o lado escuro dos seres humanos, os impulsos que nos poden levar a cometer actos horribles. Fainos preguntas sobre nosa propia natureza e sobre as consecuencias da violencia. E ofrécenos unha marabillosa lupa para mirarnos coma sociedade e para facer un retrato do que que somos. Aquí e agora.

Para xerar ese retrato, volvemos reunirnos co mesmo equipo de Hierro, non só co equipo creativo, senón coa práctica totalidade do equipo técnico. E rodeámonos dun reparto encabezado por Javier Cámara -un tipo xenial e cun talento absolutamente extraordinario-, de Mónica López -con quen xa traballaramos en Hierro e que aporta aos seus personaxes unha mestura única de humanidade, forza e vulnerabilidade-, e Darío Loureiro -un actor cun encanto que destila talento e bondade por cada poro da súa pel-. Xunto a eles, unha gran cantidade de actrices e actores como Lucía Veiga, Berta Ojea, Mabel Rivera, Ricardo de Barreiro, Tito Asorey, Adrián Ríos, Iria Sobrado, Xabier Estévez, Carlos Blanco, Fede Pérez, Evaristo Calvo, Melania Cruz, Fran Lareu, Sabela Arán, Cristian Castaño, Mercedes Sampietro, Miguel de Lira, Aida Oset, Diego Anido, Eva Barreiro… entre tantos outros que, co seu talento e compromiso, deron vida a personaxes memorables e fixeron desta viaxe un verdadeiro disfrute.

    • MAKING OF / Guión y dirección

    • Ver Video

    • MAKING OF / Los personajes

    • Ver Video

    • MAKING OF / El entorno

    • Ver Video

    • MAKING OF / La Rapa das Bestas

    • Ver Video

    • MAKING OF / Los Besteiros

    • Ver Video


inicio

  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.