Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

Días de reparto

Documental

slider_dias_de_reparto_1500x500_03
slider_dias_de_reparto_1500x500_02
slider_dias_de_reparto_1500x500_01
previous arrow
next arrow

A poboación de Galicia está moi estendida ao longo do país. De feito hai tantos núcleos de poboación en Galicia como en todo o resto de España. De aí que se crease un servizo de reparto polas casas que consiste basicamente en levar un supermercado ambulante con todo tipo de produtos á xente que vive nas montañas. E nese reparto, a relación que se xera entre vendedor e comprador é completamente diferente á que se crea nas cidades.

Días de reparto é a historia dun deses vendedores.

Así que a primeira cousa que tivemos que facer foi atopar ao repartidor. Entrevistamos a un bo número de persoas que traballan nisto e, ao final, atopamos a Felipe: un home novo, xeneroso e de corazón aberto que nos deixou acompañalo polas montañas de Lugo, e grazas a el coñecer eses homes e mulleres incribles que manteñen esas montañas vivas.


SINOPSE:

Este documental mostra a vida e o traballo de Felipe, un vendedor que, coa súa furgoneta cargada de alimentación e produtos de consumo doméstico, leva moito máis que mercadoría. O trato persoal que el ten con cada un dos seus fieis compradores nas aldeas e vilas da súa ruta acaba por debuxar na súa cabeza un verdadeiro mapa humano.


Días de reparto  [Trailer]
Días de reparto [Trailer]
Día de reparto [Créditos de inicio]
Día de reparto [Créditos de inicio]

Ano: 2010 / Dur.: 55 min. / Prod.:  Bren Entertainment S.A para TVG

Dirección: Jorge Coira, Iker Elorrieta

Guión: Pepe Coira, Jorge Coira

Prod. executiva: Pepe Coira

inicio
  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.