Deseño web
Deseño e desenvolvemento web corporativa para Jorge Coira
Jorge Coira é director, guionista e montador de cine e televisión. Naceu en Rábade (Lugo) e conta historias desde Galicia: series como Hierro ou Rapa, longametraxes como 18 comidas ou Código Emperador e un Goya á mellor montaxe por El desconocido.
A súa web é a carta de presentación ante produtoras, festivais e público: o lugar onde ver dunha ollada o seu traballo, coñecer a súa traxectoria e poñerse en contacto con el.
Invbit deseñou unha web na que mandan as imaxes: unha portada en mosaico con clips das súas obras, unha filmografía que se filtra por longametraxes, series e documentais, e unha ficha para cada traballo con ficha técnica, sinopse, tráiler, galería, premios e un texto persoal de Jorge. Recuperamos os contidos da web anterior con redireccións para non perder ningunha ligazón, e publicámola en galego, castelán e inglés, con criterios de accesibilidade AA.
Jorge pode engadir novos traballos e actualizar a súa biografía sen depender de ninguén, e a web adáptase a calquera pantalla: quen a abra no móbil, nun festival ou entre reunións, ve os clips e as fichas igual de ben.
- HTML5
- CSS3
- JavaScript
- WordPress
- Deseño a medida
- Desenvolvemento a medida
- Figma