Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

O ano da carracha

Longametraxe / Comedia

slider_garrapata_1500x500_13
slider_garrapata_1500x500_15
slider_garrapata_1500x500_08
slider_garrapata_1500x500_11
slider_garrapata_1500x500_10
slider_garrapata_1500x500_12
slider_garrapata_1500x500_14
slider_garrapata_1500x500_09
slider_garrapata_1500x500_07
slider_garrapata_1500x500_06
slider_garrapata_1500x500_05
slider_garrapata_1500x500_04
slider_garrapata_1500x500_03
slider_garrapata_1500x500_02
slider_garrapata_1500x500_01
previous arrow
next arrow

O ano da carracha foi a miña primeira película. Estaba a deixar atrás esa época de estudante na que vira (e nalgúns casos vivira) unha boa cantidade das loucuras habituais en calquera cidade universitaria; e quería falar desa estraña dolce vita: absurda, desmadrada e irreverente.

E a película xerou as súas propias loucuras. Dende unha rodaxe na que tiven que enfrontarme a todas as miñas inseguridades como director novato (nunca poderei expresar toda a gratitude que lles debo aos actores por apoiarme e divertirse comigo) ata reaccións extremas por parte do público (grandes amores e grandes odios, houbo de todo). Pero probablemente a loucura máis curiosa foi a de ver a miña escena favorita da película convertida nun anuncio de coches Skoda (podedes velo máis abaixo). Moi raro.


SINOPSE:

Fran chega ao inevitable momento de acabar a carreira. A partir de aí, xurde unha chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro: os primeiros traballos, sempre frustrantes e, en moitos casos, próximos ao absurdo; os problemas coa súa moza provocados pola crise post-licenciatura; a lotería das oposicións… todo isto vai a traer de cabeza ao noso protagonista. Cada decisión será vital, ainda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e orgulloso teórico do “carrachismo”, do que aprenderá moito sobre como chegar á dolce vita da dependencia paterna.


EL AÑO DE LA GARRAPATA - SKODA
EL AÑO DE LA GARRAPATA - SKODA
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]
El año de la garrapata [extracto]

Ano: 2004 / Dur.: 87 min. / Prod.: Filmanova, Lugopress

Dirección: Jorge Coira

Guión: Carlos Portela

Prod. executiva: Antón Reixa, Xosé de Cora

Reparto: Félix Gómez, Javier Veiga, Verónica Sánchez, María Vázquez, Víctor Clavijo, Camila Bossa, Mela Casal, Celso Parada, Luis Zahera, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Xosé Esperante, Xulio Abonjo


Ligazóns:
  • FlixOlé
  • imdb
  • Disponible en Amazon / DVDgo
inicio
  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.