Serie TV / Thriller
Sé quién eres é un thriller creado por Pau Freixas que, para min, supuxo a oportunidade de volver rodar en Barcelona (cidade onde tanto disfrutara durante a rodaxe de “Pelotas”), e de traballar cun equipo técnico e un reparto implicadísimos en facer unha gran serie.
SINOPSE:
Juan Elías é un prestixioso avogado que está casado coa xuíza Alicia Castro e é pai de dous fillos. Unha mañá, aparece camiñando por unha estrada solitaria e con varias feridas produto dun accidente. Elías non sabe quen é nin como chegou ata alí, sofre amnesia. Aos poucos días, a policía atopa o seu coche e alí descobren o seu teléfono móbil xunto con restos de sangue doutra persoa. Non ía so nese coche, acompañábao a súa sobriña de 22 anos. Todas as sospeitas recaen sobre Elías, que deberá demostrar que é inocente, aínda que nin el mesmo coñece a verdade.
Ano: 2017 / Dur: 70 min. / Telecinco – HBO
Creada por Pau Freixas
Dirixida por Pau Freixas, Silvia Quer, Jorge Coira, Joaquín Llamas
Guión: Pau Freixas, Iván Mercadé, Pol Cortacans, Eduard Sola, Dani González
Prod.: Arca (Filmax) para Mediaset
Reparto: Francesc Garrido, Blanca Portillo, Aida Folch, Nancho Novo, Antonio Dechent, Pepón Nieto, Carles Francino, Martiño Rivas, Eva Santolaria, Àlex Monner, Susana Abaitua, Blanca Apilánez, Nausicaa Bonnin,Álvaro de Luna, Macarena Gómez, Petra Martínez