Saltar ao contido
JORGE COIRA / director + guionista + montador
  • bio
  • premios
  • contacto

Torre de Breoghàn

A luz dos milésians

Documental

slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_09
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_10
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_02
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_06
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_08
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_07
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_05
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_04
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_03
slider_Torre_de_Breoghan_1500x500_01
previous arrow
next arrow

Sempre me gustou a música de Luar na Lubre. É potente, sensible, luminosa, viva… E ter a oportunidade de acompañalos durante o proceso de creación dun proxecto como o de Torre de Breoghàn, foi para min todo un agasallo. Retratar ese proceso converteuse axiña nunha experiencia de busca e de descubrimentos: desde as emocións que os moven cando están sobre o escenario, ata elementos troncais do concerto como é o Leabhar Gabhála, ese libro fundamental no que as raíces de Galicia e Irlanda se conectan e se enlazan para sempre.

Foi un camiño cheo de preguntas que tiñan como obxectivo final o de retratar a súa música: Como se ve esa música? Como se imaxina? Como se pode rodar?… Foi, en definitiva, unha mirada íntima ao seu mundo e, sobre todo, aos sons que lle dan vida.


SINOPSE:

Documental de creación que recolle o proceso de xestación do espectáculo Torre de Breoghán, o proxecto máis ambicioso de Luar na Lubre. O grupo folk rescata un relato épico da cultura celta sobre as invasións galegas en Irlanda para, da man da Orquestra Sinfónica de Galicia, dar forma a un espectáculo onde a música e os efectos visuais se funden nunha especial alquimia.


TORRE DE BREOGHÁN (trailer)

Ano: 2015 / Dur.: 65 min.

Guión e dirección: Jorge Coira

Prod.:  Luar na Lubre, Mirmidón Prod., Abano Prod.


Dispoñible en:

Filmin (VOD)

inicio

  • Español
  • English
Tema de Colorlib. Funciona con WordPress.