Saltar ao contido
 
Serie TV

Luci

Comedia  ·  2013  ·  14 episodios × 25 min
Sinopse

Luci é unha muller normal: ten 37 anos, un posto de traballo nunha das brigadas de mantemento de parques e xardíns da cidade, un piso coa hipoteca a medio pagar, un fillo, un exmarido e unha irmá coa que fala por teléfono todas as noites. Os problemas ós que ten que enfrontarse tamén son os normais: as malas notas do fillo, a chegada dun novo xefe ó traballo, as dificultades para ligar cando xa se perdeu o costume, ou as enleadas nas que a segue metendo o seu ex. E sempre intenta manter o sorriso… ata que se impón o xenio. Porque Luci sabe que nin ela nin a vida son perfectas. E menos mal, porque de selo, o mundo sería un lugar moi aburrido.

Sobre a obra

Luci é unha comedia sobre eses pequenos desastres cotiáns aos que nos temos que enfrontar no día a día.

O traballo cos actores -tanto cos protagonistas, como con toda a recua de actores convidados que tivemos na serie- foi unha desas experiencias nas que se recupera ese espírito fundamental de xogo, de pasalo ben na rodaxe esperando que iso se transmita á pantalla..

Vídeos
Promo
Promo (EUA)
Luci
Luci
Luci
Luci
Luci
✕