Saltar ao contido
 
Serie TV

As leis de Celavella

Thriller  ·  2003  ·  26 episodios × 70 min
Sinopse

Pablo Veiga, avogado metido a detective, e a súa secretaria Matilde forman unha peculiar parella dedicada a resolver os truculentos casos que suceden na vila de Celavella, mentres se debaten entre os principios morais da época e os sentimentos que os empurran a dar un paso máis alá na súa relación. As Leis de Celavella é unha serie de suspense e acción que combina as tramas xudiciais e costumistas, a través das cales se mostra a realidade da época.

Sobre a obra

As leis de Celavella é un dos traballos aos que lle teño máis cariño de todos cantos fixen. Cando eu entrei nesta serie xa se fixeran dúas tempadas, que dirixira maxistralmente Gerard Gormezano, e para facernos cargo das dúas seguintes tempadas (26 episodios), entramos Carlos Sedes e máis eu.

Aquela serie fora moi especial por varias razóns: por unha banda, o feito de facer un thriller de época naquel momento era algo único en España, e máis nun caso coma este, no que cada episodio era como unha pequena película en si mesma (con diferentes retos narrativos e estéticos en cada historia); por outra banda, era obvio para todos nós que a posibilidade de rodar algo máis coidado e elegante do habitual nese momento, fixo que absolutamente todo o equipo dese o mellor de si, polo que a rodaxe foi unha das máis intensas e esixentes da miña vida.

Vídeos
Extracto do episodio 38
Extracto do episodio 28
Extracto do episodio 31
Extracto do episodio 52

Premios

Dez Mestre Mateo.

Unha das series máis premiadas da Televisión de Galicia.

  • Mellor directorPremios Mestre Mateo 2005
  • 10 premios Mestre MateoInclúe director e mellor serie
As leis de Celavella
As leis de Celavella
Fotograma de As leis de Celavella: retrato dunha personaxe no bosque
As leis de Celavella
Fotograma de As leis de Celavella: dúas personaxes no bosque
✕