Saltar ao contido
 
Documental

Que culpa ten o tomate?

 ·  2009  ·  107 min
Sinopse

Sete países. Sete mercados populares. Sete culturas diferentes. Sete directores. Sete miradas distintas. Que culpa ten o tomate? é unha longametraxe documental observacional na que participan sete directores iberoamericanos que, a través dos seus mercados populares, nos envolven nas súas diferentes culturas e formas de vida. O segmento galego, rodado na Praza de Abastos de Santiago de Compostela, estreouse mundialmente no MoMA de Nova York.

Sobre a obra

Que culpa ten o tomate? foi o meu primeiro traballo coa produtora Fernanda del Nido. Ela faloume deste proxecto demencial no que planeaba ter sete directores e sete produtoras de sete países diferentes; e cada un de nós debía facer unha curtametraxe documental sobre un mercado popular, de forma que a unión desas obras dese lugar a unha longametraxe documental. Obviamente, encantoume a idea.

Propuxen rodar a parte galega na Praza de Abastos de Santiago de Compostela, porque ese é a cidade onde vivo e porque se trata dun dos mercados máis fermosos que vin nunca.
Alí coñecín a moitas persoas que loitan día a día por gañar a vida; xente como Bermúdez (sempre pensando novas formas de conectar cos seus clientes) ou Esteban, o carniceiro: un dos homes máis sensatos que eu levo coñecido e que, anos máis tarde, fixo un pequeno papel na miña película 18 comidas.

O proceso foi longo e difícil (sabiamos que o había ser), pero tuvo un gran final o día en que foi elixido para facer a súa estrea mundial no MoMA, en Nova York. Toda unha experiencia.

Vídeos
Segmento Galicia
Tráiler

Premios

Mellor documental.

Estreada no MoMA de Nova York en 2009.

  • Mellor longametraxe documentalPremios Mestre Mateo
Que culpa ten o tomate?
Que culpa ten o tomate?
Que culpa ten o tomate?
Que culpa ten o tomate?
Que culpa ten o tomate?
Outros proxectos

Outros proxectos

✕