Saltar ao contido
 
Longametraxe

18 comidas

Comedia · Drama  ·  2010  ·  104 min
Sinopse

Oito historias que se cruzan ao longo dun día, servidas arredor dunha mesa.

Un músico da rúa reencóntrase co amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un home cociña, cociña e cociña para unha muller que nunca chega; dous homes quérense, pero escóndense; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixeron todo almorza, come e cea en silencio.

Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas arredor dunha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.

Sobre a obra

18 comidas é un xogo cun amplo grupo de actores de enorme talento, cos que exploramos distintas maneiras de loitar por ser feliz. Distintas historias que se cruzan e que se ligan a través das emocións.

Foi un proxecto moi diferente a todo o que eu fixera antes, un crebacabezas de equilibrios complexos moi difíciles de manexar (levoume oito meses montar a película), que me deu enormes alegrías: dende o proceso en si -emocionante e intenso- ata a acollida do público na súa estrea en salas e no seu paso por festivais de máis de trinta países.

Vídeos
Tráiler
Extracto
Extracto
Making of (fragmentos, por Toño Chouza)
Making of (fragmentos)
Avance do making of
Luis Tosar e Piti Sanz no Ourense Film Festival
Tráiler (Xapón)
Entrevista con Jorge Coira no Festival Internacional de Guadalajara

Premios

Sete Mestre Mateo
e volta ao mundo.

Seleccionada en festivais de máis de trinta países. Estas son algunhas das distincións que recibiu.

  • Mellor directorTaormina International Film Fest
  • Premio especial do xuradoBiennale d'Annecy
  • Mellor longametraxeDouro Film Harvest Festival
  • Mellor longametraxe + Premio do públicoCINESCENA · Festival Internacional de La Laguna
  • Premio especial do xurado + Premio do públicoOUFF Ourense International Film Festival
  • 7 premios Mestre MateoInclúe director, guión, montaxe e longametraxe
Fotograma de 18 comidas: un neno almorza na mesa da cociña
Fotograma de 18 comidas: dous homes comen xuntos nun restaurante
Fotograma de 18 comidas: un músico toca a guitarra na rúa de noite
Fotograma de 18 comidas: unha parella de anciáns come en silencio
Fotograma de 18 comidas: un bico
Ligazóns
Outros proxectos

Outros proxectos

✕