Saltar ao contido
 
Longametraxe

Eroski Paraíso

Comedia · Drama  ·  2019  ·  75 min
Sinopse

Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.

Sobre a obra

Eroski Paraíso é unha película que leva dentro unha obra de teatro que leva dentro unha película.

O grupo Chévere, a quen eu admiro desde que cheguei a Santigo aló polos primeiros anos 90, lanzouse a esta estraña aventura de facer unha función que conta a rodaxe dun documental pouco despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. E sempre tiven a sensación de que eles, que xa levaban anos facendo obras marabillosas -divertidas, irreverentes, afiadas…-, chegaban con esta obra a un nivel altísimo de madurez creativa. E conseguían iso que eu aprezo tanto que é a capacidade de contar algo moi grande a través dunha historia pequena.

Un matrimonio roto e a filla que criaron xuntos é o eixo principal deste relato no que se repasa temas como a desarraigame, a emigración, o golpe que supuxo a droga nas zonas costeiras, os amores rotos, a perda da inocencia… en definitiva, a historia de Galicia nas últimas décadas ou, o que é o mesmo, a historia de moitos de nós; porque todos temos as nosas feridas e todos temos o noso Paraíso particular.

Por iso foi tan gozosa a posibilidade de converter esta historia nunha película. Un agasallo e unha oportunidade para, sen agochar a súa orixe teatral, explorar a relación entre dúas linguaxes tan próximas e tan diferentes como son o teatro e o cine.

Vídeos
Tráiler

Premios

Dúas interpretacións
premiadas.

Adaptación cinematográfica da obra de Chévere, Premio Nacional de Teatro.

  • Mellor actriz protagonistaPremios Mestre Mateo · Patricia de Lorenzo
  • Mellor actor protagonistaPremios Mestre Mateo · Miguel de Lira
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Outros proxectos

Outros proxectos

✕