O ano da carracha
Fran chega ao inevitable momento de acabar a carreira. A partir de aí xurde unha chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro: os primeiros traballos, sempre frustrantes e, en moitos casos, próximos ao absurdo; os problemas coa súa moza provocados pola crise post-licenciatura; a lotería das oposicións… todo isto vai traer de cabeza ao noso protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e orgulloso teórico do «carrachismo», do que aprenderá moito sobre como chegar á dolce vita da dependencia paterna.
O ano da carracha foi a miña primeira película. Estaba a deixar atrás esa época de estudante na que vira (e nalgúns casos vivira) unha boa cantidade das loucuras habituais en calquera cidade universitaria; e quería falar desa estraña dolce vita: absurda, desmadrada e irreverente.
E a película xerou as súas propias loucuras. Dende unha rodaxe na que tiven que enfrontarme a todas as miñas inseguridades como director novato (nunca poderei expresar toda a gratitude que lles debo aos actores por apoiarme e divertirse comigo) ata reaccións extremas por parte do público (grandes amores e grandes odios, houbo de todo). Pero probablemente a loucura máis curiosa foi a de ver a miña escena favorita da película convertida nun anuncio de coches Skoda (podedes velo máis abaixo). Moi raro.
Premios
Oito Mestre Mateo.
A primeira longametraxe de ficción de Jorge Coira, recoñecida pola Academia Galega do Audiovisual.
- Mellor directorPremios Mestre Mateo 2004
- 8 premios Mestre MateoInclúe director e longametraxe






